Plantasías é un proxecto de investigación ETNOBOTÁNICA levada ás aulas que colle forma nunha serie documental elaborada a partir das enquisas gravadas polo alumnado aos seus maiores.
A ETNOBOTÁNICA é a ciencia que estuda os coñecementos que as diferentes culturas adquiriron ao longo do tempo sobre as propiedades e potencialidades das plantas.
Eses coñecementos saen da experiencia e da adaptación ao medio das xentes e a súa transmisión é oral a través de xeracións.
En GALICIA temos unha sociedade que foi rural ata hai pouco tempo; as avoas e os avos sabían moito de plantas, de árbores, usábanos para o campo, para casa, tiñan tradicións, contos, lendas, costumes, relacionadas coas árbores. A vida nas cidades e a industrialización alóxannos da natureza e esos coñecementos estanse a perder.
Esta é a razón de ser do proxecto Plantasías/Coles: recuperar estes coñecementos, valorizalos e fortalecer vínculos entre xeracións e co territorio e a natureza que nos rodea.
Estes son os centros de ensino que participaron na actividade Plantasías na escola 2023-24:
~CEIP Plurilingüe de Outes
~ IES Nº 1 de Ribeira
~IES de Cacheiras
~CEIP Labarta Pose de Baio
~CEIP de Caión
A árbore coas frores máis comestibles e cunha madeira que se usou en tempos para facer unha morea de xoguetes.
Sabías que un figo non é froito senon flor? Hai unha historia apaixoante de polinización e reproducción de avespiñas no seu interior.
O salgueiro é célebre por un uso medicinal de aplicación en todo o mundo: a aspirina sae precisamente da súa codia.
Aparte das deliciosas e nutritivas noces, quen ía pensar que coa raíz da nogueira se fabrican nada menos que culatas de escopetas?
En latín magnus ustus (lume grande) da pe a palabra magosto, unha das nosas festas preferidas que celebra o fin do verán e a chegada das ricas castañas.
Presente en moitos bosques de ribeira xa que pode afundir raíces no propio río! Así se explica que a súa madeira poida servir de cimentos en cidades asolagadas.
A árbore frondosa máis típica de Galicia é o carballo. Forte, fermosa, prestounos a súa madeira para todo tipo de obxectos, incluidos os barcos tradiciconais ou as barricas para os viños.
Esta árbore de codia branca é unha das máis utilizadas tradicionalmente para facer zocos. Xa houbo máis dos que hai, pero o bidueiro é unha das árbores que teñen máis presenza en parques urbanos.
Árbore omnipresente, presta o seu arume tanto ao peixe coma ao churrasco! Aparte dos seus usos gratronómicos, o laurus nobilis simboliza o triunfo desde a época dos romanos.
De madeira dura e resistente, servíu tanto para facer eixos dos carros como para os antigos trompos que saltaban polo ar en tempos dos avós.